Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024)

Buscamos estudantes de secundaria que representarán a España na Olimpíada Informática Internacional en septiembre de 2024 en Exipto. Queres ser ti?

Olimpíada Informática Galega 2024

(OIG 2024)

Buscamos estudantes de secundaria que representarán a España na Olimpíada Informática Internacional en septiembre de 2024 en Exipto. Queres ser ti?

PATROCINADO POR

dxc
dinahosting
gdi
sixtema
aws
apser
mindata
minsait
veritas
ntt data
veritas
ntt data

Participar é moi sinxelo

Podes participar se estás cursando ESO, bachallerato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se tes menos de 20 anos o 1 de xullo de 2024.

Terá lugar de maneira presencial o sábado 3 de febreiro de 2024 pola mañá na Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (coa colaboración da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela).

A pre-inscripción está aberta ata o 15 de decembro e é un requisito para a posterior participación. Se queres saber como entrenar tes máis información en: Olimpíada Informática Española. Se tes algunha duda faínola saber a través de informacion@cpeig.gal.

Premios

Os dous primeros postos na clasificación da OIG 2024 accederán de xeito directo á fase final da Olimpíada Informática Española (OIE) que se celebrará entre os días 15 e 17 de marzo de 2024 e terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Sevilla.

Ademais, haberá máis premios para os parcipantes mellor clasificadas que se anunciarán próximamente.

objetivos

Competición

A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeneralmente entre 4 e 6. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución.

Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario no que queremos que un programa de ordenador nos axude dalgún xeito. Os problemas da Olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos. Problemas das edicións anteriores do OIE poden servir de exemplo para entender que tipos de problemas se buscan.

Coa colaboración de

Copyrights CPEIG 2023 | Tódolos dereitos reservados