Olimpíada Informática Galega 2022 (OIG 2022)

Buscamos estudantes de secundaria que representarán a España nas Olimpíada Informática Internacional en agosto de 2022 en Indonesia. Queres ser ti?

Quero Participar

¿Cómo participar?

Participar é moi sinxelo

Podes participar se estás cursando ESO, bachallerato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se non tes máis de 20 anos o 1 de xullo de 2022.

A non ser que a situación sanitaria o impida, terá lugar de maneira presecial o 4 de febreiro do 2022 simultaneamente en tres localidades: A Coruña, Ourense e Santiago (Facultade de Informática da Universidade da Coruña, Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela).

A inscrición para cada unha das sedes aínda non está aberta, pero está aberta unha preinscrición que dará preferencia á elección da sede na inscrición final e tamén dá dereito a asistir a algún adestramento en colaboración coa academia Leagues of Codes. As clases comenzan o 16 de Outubro, e tes aquí máis información: Olimpíada Informática Española. Se tes algunha duda faínola saber a través de informacion@cpeig.gal.

Preincríbete aquí

Premios

Os dous primeros postos na clasificación da OIG 2022 accederán de xeito directo á fase final da Olimpíada Informática Española (OIE) a primeira fin de semana de abril de 2022.

Ademais, haberá máis premios para as persoas parcipantes mellos clasificadas que se anunciarán próximamente.


Clients

Competición

A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeneralmente entre 4 e 6. Cada problema deberá resolverseLa Olimpíada Informática Galega consta de un conjunto de problemas, generalmente entre 4 y 6. Cada problema debe resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario no que queremos que un programa de ordenador nos axude dalgún xeito. Os problemas da Olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos. Problemas das edicións anteriores do OIE poden servir de exemplo para entender que tipos de problemas se buscan.

Coa colaboración de: