Olimpíada Informática Galega 2026 (OIG 2026)

Buscamos alumnado de secundaria para representar a España na Olimpíada Informática Internacional en agosto de 2026 en Uzbekistán. Queres ser ti?

Olimpíada Informática Galega 2025

(OIG 2025)

Buscamos alumnado de secundaria para representar a España na Olimpíada Informática Internacional en agosto de 2026 en Uzbekistán. Queres ser ti?

PATROCINADA POR

ntt data
dinahosting
dxc

Participar é moi sinxelo

Podes participar se estás cursando ESO, bacharelato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se tes menos de 20 anos o 1 de xullo de 2026.

Terá lugar de maneira presencial o venres 6 de febreiro de 2026 pola tarde na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña (coa colaboración da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo).

A pre-inscripción está aberta ata o 23 de xaneiro e é un requisito para a posterior participación. Se queres saber como entrenar tes máis información en: Olimpíada Informática Española. Se tes algunha duda faínola saber a través de informacion@cpeig.gal.

Premios

Os dous primeros postos na clasificación da OIG 2026 accederán de xeito directo á fase final da Olimpíada Informática Española (OIE) que se celebrará entre os días 10 e 12 de abril de 2026 e terá lugar na Escola de Enxeñaría Informática de Valladolid.

Ademais, haberá máis premios para as persoas participantes mellor clasificadas que se anunciarán próximamente.

objetivos

Competición

A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeralmente entre 4 e 8. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución.

Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario no que queremos que un programa de ordenador nos axude dalgún xeito. Os problemas da Olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos. Problemas das edicións anteriores do OIE poden servir de exemplo para entender que tipos de problemas se buscan.

Coa colaboración de

Copyrights CPEIG 2026 | Todos os dereitos reservados