Olimpíada Informática Galega 2025 (OIG 2025)

Buscamos estudantes de secundaria que representarán a España na Olimpíada Informática Internacional en setembro de 2025 en Bolivia. Queres ser ti?

Olimpíada Informática Galega 2025

(OIG 2025)

Buscamos estudantes de secundaria que representarán a España na Olimpíada Informática Internacional en setembro de 2025 en Bolivia. Queres ser ti?

ÚLTIMA EDICIÓN (OIG 2024) PATROCINADA POR

dxc
dinahosting
gdi
sixtema
aws
apser
mindata
minsait
veritas
ntt data
veritas
ntt data

Participar é moi sinxelo

Podes participar se estás cursando ESO, bachallerato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se tes menos de 20 anos o 1 de xullo de 2025.

Terá lugar de maneira presencial o sábado 15 de febreiro de 2025 pola mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (coa colaboración da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo).

A pre-inscripción está aberta ata o 22 de xaneiro e é un requisito para a posterior participación. Se queres saber como entrenar tes máis información en: Olimpíada Informática Española. Se tes algunha duda faínola saber a través de informacion@cpeig.gal.

Premios

Os dous primeros postos na clasificación da OIG 2025 accederán de xeito directo á fase final da Olimpíada Informática Española (OIE) que se celebrará entre os días 4 e 6 de abril de 2025 e terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Ademais, haberá máis premios para as persoas participantes mellor clasificadas que se anunciarán próximamente.

objetivos

Competición

A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeneralmente entre 4 e 6. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución.

Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario no que queremos que un programa de ordenador nos axude dalgún xeito. Os problemas da Olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos. Problemas das edicións anteriores do OIE poden servir de exemplo para entender que tipos de problemas se buscan.

Coa colaboración de

Copyrights CPEIG 2025 | Tódolos dereitos reservados