Patrocinado por:

Participar é moi sinxelo
Podes participar se estás cursando ESO, bachallerato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se non tes máis de 20 anos o 1 de xullo de 2022.
A non ser que a situación sanitaria o impida, terá lugar de maneira presecial o 4 de febreiro do 2022 11 de marzo do 2022 pola tarde (adiada pola situación sanitaria)
simultaneamente en tres localidades: A Coruña, Ourense e Santiago (Facultade de
Informática da Universidade da Coruña, Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela).
A inscrición para cada unha das sedes está aberta e tamén dá dereito a asistir a algún adestramento en colaboración coa academia Leagues of Codes. Tes aquí máis información: Olimpíada Informática Española. Se tes algunha duda faínola saber a través de informacion@cpeig.gal.
Incríbete aquí As bases da OIGPremios
Os dous primeros postos na clasificación da OIG 2022 accederán de xeito directo á fase final da Olimpíada Informática Española (OIE) a primeira fin de semana de abril de 2022.
Ademais, haberá máis premios para as persoas parcipantes mellos clasificadas que se anunciarán próximamente.

Competición
A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeneralmente entre 4 e 6. Cada problema deberá resolverseLa Olimpíada Informática Galega consta de un conjunto de problemas, generalmente entre 4 y 6. Cada problema debe resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario no que queremos que un programa de ordenador nos axude dalgún xeito. Os problemas da Olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos. Problemas das edicións anteriores do OIE poden servir de exemplo para entender que tipos de problemas se buscan.
As bases da OIG