Olimpíada Informática Galega 2023 (OIG 2023)
Buscamos estudantes de secundaria que representarán a España na Olimpíada Informática Internacional en agosto – septiembre de 2023 en Hungría. ¿Queres ser ti?
Olimpíada Informática Galega 2023
(OIG 2023)
Buscamos estudantes de secundaria que representarán a España na Olimpíada Informática Internacional en agosto – septiembre de 2023 en Hungría. ¿Queres ser ti?
PATROCINADO POR




















Participar é moi sinxelo
Podes participar se estás cursando ESO, bachallerato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se non tes máis de 20 anos o 1 de xullo de 2023.
A non ser que a situación sanitaria o impida, terá lugar de maneira presecial o 10 de febreiro do 2023 pola tarde na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (coa colaboración da Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela).
A pre-inscripción está aberta ata o 15 de decembro e é un requisito para a posterior participación. Se queres saber como entrenar tes máis información en: Olimpíada Informática Española. Se tes algunha duda faínola saber a través de informacion@cpeig.gal.
Premios
Ademais, haberá máis premios para os parcipantes mellor clasificadas que se anunciarán próximamente.

Competición
A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeneralmente entre 4 e 6. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución.
Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema describirá un escenario no que queremos que un programa de ordenador nos axude dalgún xeito. Os problemas da Olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos. Problemas das edicións anteriores do OIE poden servir de exemplo para entender que tipos de problemas se buscan.
Coa colaboración de




Copyrights CPEIG 2023 | Tódolos dereitos reservados